Book a Table
Olidís
GRUPO
G72886104
Fundación OLIDÍS
TERRITORIO, SOCIAL, FORMACIÓN, EMPRESA, CIRCULAR, ODS
AXENDA DE ACTOS
Sigue a OLIDÍS
XULLO
MAIO
"Se cadra non sexa o teu aceite o que vai ao mar ou acuíferos, mais o que sí é teu e o Planeta, axudanos a melloralo"
Equipo OLIDÍS
"Un FATBERG é unha peza de ACEITE DE COCIÑA, graxa solidificada, de panos hixiénicos, toallitas, preservativos, cueiros, e artigos similares que se atopan nos sistemas de sumidoiros e provocan danos. En Londres formouse un de 10 toneladas, a súa eliminación costou 2 millóns de libras"
Unha Fundación con ADN Propio
Somos unha iniciativa social, de impulso da economía circular, que pretende ocupar todo o territorio e transformar o aceite doméstico usado, en novos productos con valor diferencial.
1
EMPREGO
Centro especial de emprego que chegará a ter 500 traballadores en varias actividades.
2
TRANSFORMACIÓN
Unha refinaría, e tres factorías contemplan o proxecto, xunto con un centro de I+D+I
3
PROXECTO CIRCULAR
Damos valor engadido a un residuo que xera problemas o aceite doméstico.
A nosa equipa
Juan Luque
PRESIDENTE
Juan Carlos Piñeiro
SECRETARIO XERAL
José Luís Rubal
DIRECTOR COMUNICACIÓN
Jesús Oroza
DIRECTOR LEGAL
Andrea González
RR.HH.
ACTUALIDADE OLIDÍS
OLIDÍS PON EN MARCHA UNHA CÁTEDRA QUE FARÁ DE SAN CIPRIÁN UN HUB DE I+D+I EN FÁRMACOS E COSMÉTICOS
O xoves 13 asinabase no reitorado da Universidade da Coruña o protocolo da Cátedra: "Juan Luque, economía circular sobre o aceite". Estará dirixida por Manuel Becerra Fernández.
Nun acto presidido polo Reitor D. Julio Abalde e polo Presidente de OLIDÍS deuse formalismo ao inicio dunha Cátedra que terá como epicentro a investigación en Cervo sobre os usos do aceite, algas e auga mariña na cosmética e farmacoloxía.
O edificio que OLIDÍS vai realizar en Cuiña, terá as mellores dotacións para este tipo de investigación. Fará xunto coa UdC eventos e formacións de carácter global, situando a Cervo na vangarda do I+D.
A desiganción de Manuel Becerra pola UdC ven a demostrar a importancia que a Universidade dá a este acordo. "interesa á universidade desenvolver itinerarios de formación en relación á innovación con carácter de créditos, e o centro de San Ciprián pode ser unha punta de lanza, neste senso" manifestou o Reitor. "manifestamos con esta firma a territorialidade do proxecto global de OLIDÍS, que estará en toda Galicia e no norte de Portugal, aportando unha solución innovadora de economía circular" dixo Juan Luque, Presidente de OLIDÍS. O secretario Xeral da Fundación Juan Carlos Piñeiro, natrural de San Ciprián manifestou "Cervo foi un referente xa na revolución industrial coa fundición e fabricas de Sargadelos, voltou a ser coa cerámica do mesmo mone e logo coa industria do aluminio, hoxe poñemos un chanzo para ser referente no I+D+I grazas a OLIDÍS"
Traballa con nós
+ 500 empregos
OLIDIS
RUA DOS FEANS,17 BAJO IZQUIERDA , 15705 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña);
Email Address
olidis@olidis.es
presidente@olidis.es
emprego@olidis.es
Phone Number
981 571 866